logo paquebote
24 libros encontrados buscando autor: Rosa Aneiros

www.paquebote.com > Rosa Aneiros

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

84-8302-945-6

Narradio. 56 historias no ar

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 240
Formato: Rústica, 14,50 x 22 cm.
Precio: 20,60
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

"Narradio. 56 Historias no ar" é a antoloxía sonora máis extensa da narrativa galega, un amplísimo libro de relatos e todo un documento sobre a diversidade da literatura galega e a súa variedade de rexistros. Este libro con catro CDs é posible gracias ao continuado diálogo do programa "Diario Cultural" da Radio Galega coas creadoras e creadores literarios do país e os seus lectores e busca estreitar lazos entre a sociedade e os seus autores e autoras, entre a palabra oral e a escrita, e entre a radio e a literatura.Participan no volume cos seus textos e as súas voces os seguintes narradores e narradoras. Xavier Alcalá, Marilar Aleixandre, Fran Alonso, Alfonso Álvarez Cáccamo, Rosa Aneiros Díaz, Anxo Angueira, Vicente Araguas, Xurxo Borrazás, Darío Xohán Cabana, Marica Campo, Xosé Carlos Caneiro, Ramón Caride Ogando, Fina Casalderrey, Carlos Casares, Laura Caveiro, Alfredo Conde, Lois Diéguez, Francisco X. Fernández Naval, Agustín Fernández Paz, Manuel Forcadela, Camilo Franco, Isabel Freire, Víctor F. Freixanes, Salvador García-Bodaño, Bieito Iglesias, Xavier Lama, Xulio López Valcárcel, Antón Lopo, Paco Martín, Carlos Mella, Xosé Miranda, Estro Montaña, Gonzalo Navaza, Xosé Neira Vilas, Isidro Novo, David Otero, Carmen Panero, Xosé Ramón Pena, Xosé Antonio Perozo, María Xosé Porteiro, Xabier P. Docampo, Xavier Queipo, María Xosé Queizán, Xesús Rábade Paredes, Luís Rei Núñez, Antonio Reigosa, Antón Riveiro Coello, Gloria Sánchez García, Manuel Seixas, Xurxo Souto, Anxo Tarrío, Suso de Toro, Xesús Manuel Valcárcel, Xosé Vázquez Pintor, Luísa Villalta e Helena Villar. "Narradio. 56 Historias no ar" nace dun proxecto do programa "Diario Cultural" da Radio Galega, que Xerais asume como propio, e quere ser tamén expresión do compromiso da radio coa literatura, unha ponte que se afianza para ser vehículo de expresión da creatividade e da cultura galega nunha publicación realmente singular.


ISBN:

84-8485-027-7

Premios Pedrón de Ouro Certame Nacional Galego de Narracións, Certames XX

Editorial: Do Castro   Fecha de publicación:    Páginas: 270
Formato: Rústica, 19 x 12 cm.
Precio: 13,00
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

1ª edición.


ISBN:

84-8302-925-1

Resistencia

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 304
Formato: Rústica, 14,50 x 22 cm.
Precio: 22,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Resistencia, a obra que constitúe o debut de Rosa Aneiros en Xerais Narrativa, percorre a historia política e social de Portugal, a través da vida de personaxes pertencentes a varias xeracións, desde os anos vinte ata os anos noventa do século XX. Mercé ao relato, a través dunha voz narrativa omnisciente, preferentemente presentada en terceira persoa, que protagonizan os personaxes principais –Dinís e Filipa– artéllase un percorrido centrado na represión exercida en Portugal durante as dictaduras de Salazar e Marcelo Caetano e na actividade da resistencia clandestina antifascista; un pano de fondo fundamental entretecido co relato dun bo número de historias de amor, entre as que salientan a de Dinís –un obreiro da fábrica de vidro Irmáns Stephen– e Filipa –filla dun rico comerciante de Coimbra–. Dinís e Filipa namoran perdidamente sen calibrar as consecuencias. O Pinhal do Rei, no oeste portugués, converteuse no testemuño da vida. Pero ninguén pode escapar ós designios do tempo e a vida dos amantes viuse marcada polas adversas circunstancias políticas que desangraron Portugal ata a Revolución dos Caraveis. Para os protagonistas a militancia política non foi unha opción senón unha esixencia e tiveron que pelexar contra a miseria e contra os seus propios sentimentos. E loitaron desesperadamente coa única arma da que dispuñan: a resistencia.
Resistencia é unha novela de amores afastados na que todo o move o amor, que case sempre nace inocente e que axiña se vai tornando complexo é difícil. Unha novela memorable que se move entre a exaltación da resistencia política exercida por algúns personaxes e o amor entendido como algo cruel que converte as persoas en escravas. Novela apaixonante, escrita co ímpeto da vida, difícil de esquecer; Resistencia é, pois, toda unha singradura a través da historia portuguesa da man de dúas familias maldicidas pola escravitude do amor, a morte e o silencio.


ISBN:

9788411100755

Catro plumas de dinosauro

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 176
Formato: 19 x 13,5 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Xoel é un apaixonado dos dinosauros. Durante a excursión do cole ás Fragas do Eume está convencido de que ha atopar unha porta secreta que lle permitirá coñecer restos do Cretáceo. Trabúcase. Si, a porta secreta da que lle falou a vella Monegunda existe, mais do outro lado non hai fósiles senón dinosauros de carne e óso! Aí dará comezo unha extraordinaria aventura na que deberá fuxir das gadoupas (e das cagadas) de diplodocus, triceratops ou pteranodons grazas á axuda de Diana, Matilde e un convidado inesperado: o fedello de Carlos, o máis malote da escola. Os catro xuntos descubrirán a importancia e a fortaleza da manda ao invocar o seu berro de guerra: Belcebú, cómeme o cu!


ISBN:

978-84-9121-474-8

Orestes perde o sentido!

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 168
Formato: Rústica, 13 x 20 cm.
Precio: 13,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Unha mañá Orestes sae da casa e atopa todo demasiado estraño, coma se o mundo tolease. De súpeto, ve a súa irmá pequena soa na beirarrúa. Cóntalle que conseguiu fuxir do rei Koopa, pero que debe regresar axiña ao castelo onde estivo secuestrada e deixou esquecido o seu osiño. A partir dese momento, Orestes inicia unha disparatada carreira seguindo o rastro da súa irmá polas rúas dunha cidade estrepitosa, onde vai ter que lidar coas normas de circulación viaria se quere chegar vivo á meta.


ISBN:

978-84-9121-568-4

Tres bichicomas, dúas illas e unha serea

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 120
Formato: Rústica
Precio: 13,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Edelmira odia dúas cousas por riba de todo: a nata do leite e o seu nome. A primeira consegue eliminala cun coador vello, pero da segunda non hai maneira de librarse. Chámanlle así polo avó Edelmiro, e el tampouco lle gusta nada porque é un verdadeiro túzaro. Por iso, cando o seu pai lle anuncia que pasará o verán co avó en Marabilia, Edelmira non pode crelo. Van ser uns meses terribles! Mais todo muda na aburrida aldea coa chegada de dous nenos, André e Daniel, cos que inicia arriscadas expedicións na procura de corsarios choscos, frotas de flamengos e gatos con cola de dinosauro. Ata que algo aparece inesperadamente no mar para mergullalos nunha extraordinaria aventura que os converterá en afoutos bichicomas.


ISBN:

978-84-9121-589-9

Xelís, o guieiro das botellas de mar

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 184
Formato: Rústica cosido a fío, 13,50 x 19,00
Precio: 14,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Cando Xelís descubriu aquela botella de mar na regaña máis agochada da Punta de Bruaboi, decatouse de que algo extraordinario estaba a piques de acontecer. Unha gran mancha de plásticos, que navegaba errática polos océanos, deu en ameazar a illa de Otlic e puxo en perigo os seus habitantes. Os grandes guieiros da natureza non saben como actuar. Xelís inicia entón unha arriscada viaxe no lombo do mascato Mult ata as inmediacións do círculo polar ártico, onde coñecerá a Ilva, o avó Jónas e a súa extraordinaria fábrica de luz. Xuntos emprenderán a dura tarefa de atrapar a illa de plásticos para evitar a desfeita ecolóxica do planeta. Serán capaces de facelo? Como podes axudalos ti? Únete a esta fantástica tribo na apaixonante aventura de salvar os océanos!


ISBN:

978-84-9121-275-1

A batalla da pequena Chañan Curi Coca

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 104
Formato: Rústica cosido a fío, 13,50 x 19,00
Precio: 11,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A nai de Noelia e Miguel non ten cartos para pagar o piso, xa que foi despedida do estaleiro onde traballaba. Hai un grupo de persoas solidarias que está axudando a familia para lograr un aprazamento e evitar que os tres queden na rúa. Por riba, desde que a avoa Elizabeth marchou, os domingos perderon a maxia dos contos incas e cidades perdidas que tanto lle gustaban a Noelia. Como a guerreira inca Chañan Curi Coca, a escolleita, que nunca se rende, Noelia pensa nunha nova estratexia para, chegada a hora da batalla, organizar a defensa coa axuda da súa veciña Mamá Huaco.


ISBN:

978-84-9121-891-3

Sibila

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 240
Formato: Rústica
Precio: 18,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

É noite, a marea vai para arriba e chove a esmadrasar cando unha muller penetra ás agochadas nunha illa practicamente inexpugnable na boca da ría. É a neta da Rubia, a tola do argazo. A filla da expulsada. Sibila regresa ao lugar en que foi animal sen domesticar nun tempo en que todo foi seu. Agora nada ten agás a encarga dunha misión que cumprir e a terrible certeza de que lle vai a vida niso. Durante a estadía na illa irá descubrindo o salvaxe que nela habita: as tensións lacerantes entre quen é e de quen vén sendo; entre un pasado que estoura e un futuro que a aboca ao abismo; entre a ansia da mente e a vontade voraz do corpo. En «Sibila», a nova novela de Rosa Aneiros, nada é o que parece. Ou si. Talvez sexa exactamente o que parece, o que ninguén quere ver.


ISBN:

84-9782-251-X

Veu visitarme o mar

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 328
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 24,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Unha noite, vítima da súa propia cobardía, Alba sente que as súas últimas forzas morren entre as botellas de alcol que guinda a un contedor. É a noite do 12 de novembro de 2002; e mentres as dúbidas e o seu enzoufado estado de ánimo a consomen por dentro, unha marea negra empeza a camiñar a grandes alancadas pola superficie do mar. Entón, Alba, bióloga nunha piscifactoría da Costa da Morte, ten que se enfrontar á cadea de lembranzas e remorsos que a acompañan, con monstros e silencios, desde a súa chegada a Lira unha década antes. A catástrofe do Mar Exeo arrincáraa da vella sombra da Alhambra, onde ecoa a voz íntima da súa avoa coma unha pantasma do pasado, e agora é a marea negra do Prestige quen ameaza con levala consigo. Veu visitarme o mar é unha novela entrañable, arrebatadora, profundamente humana, onde se debate a cuestión máis trascendental: aquela que fai que a persoa se mida nunha batalla contra si mesma. A confirmación do talento literario de Rosa Aneiros.



<<<anteriores  [11-20]  [21-24]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal